OUFF en Curto (29)

Postponed 



Deadlines

21 Jul 2025
Call for entries

28 Aug 2025
Final deadline

28 Oct 2025
Notification date

27 Sep 2024
06 Oct 2024

Address

Rúa Progreso, 30,  32004, Ourense, Ourense, Spain


Festival description
Shot in Galicia or by Galicians
Short film festival >1' 30'<


Festival requirements
 Film festival
 Fiction
 Documentary
 Animation
 Fantastic
 Terror
 Experimental
 Music Video
 Other
 Any Genre
 Any Theme
 Does NOT have submission fees
 Continental Festival
 Physical Location
 January 2023
 Production countries: Any
 Shooting countries: Any
 Director nationalities: Any
 Debut Films 
 School projects 
 Short Films  >1' 30'<
 Any language
 Any language
Share on Social Networks
 Facebook 
 Tweet





Photo of OUFF en Curto
Photo of OUFF en Curto

Photo of OUFF en Curto
Photo of OUFF en Curto

Galician
English


This festival is not currently open for submissions.

Festival start: 27 September 2024      Festival end: 06 October 2024

O OUFF en Curto busca estimular o formato da curtametraxe no ámbito da Comunidade Autónoma galega como expresión básica da creación audiovisual. É a sección de curtametraxes do Festival de Cine Internacional de Ourense.

Cash Prizes: 5,500€

- Primeiro premio ficción: 2500 €

- Primeiro premio documental: 2500€

- Premio do público: 500€

- No caso de existir unha única categoría, entregarase un primeiro premio de 3000€ e un segundo premio de 2000€.

- Otorgaranse dous premios AISGE, a mellor actor e actriz, sen dotación económica.

-O xurado poderá decidir tamén outorgar unha ou varias mencións especiais en caso de que o consideren oportuno (non contarán con dotación económica).

-Os gañadores ou gañadoras recibirán igualmente unha figura conmemorativa ou diploma do certame.

-Aos premios aplicaráselles as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.

Bases curtametraxes OUFF 2024

REGULAMENTO DA 29ª EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE (OUFF) PARA A COMPETICIÓN DE CURTAMETRAXES



OBXECTO DO CONCURSO


É obxecto desta convocatoria estimular o formato da curtametraxe no ámbito da Comunidade Autónoma Galega como expresión básica da creación audiovisual.

Consideraranse curtametraxes galegas aquelas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

Estar realizados en Galicia.

Estar dirixidos por unha persoa nacida ou residente en Galicia ou estar producidos por unha empresa galega.

Máis do 70% do equipo estea conformado por persoas galegas.

O festival poderá considerar unha obra dentro desta sección pola especial relación da mesma ou do seu autor ou autora coa cultura de Galicia.

O festival resérvase o dereito de solicitar ós autores ou autoras a acreditación de cal dos aspectos anteriores cumpre a obra presentada a concurso.

A data de produción das pezas que se presenten a concurso non poderá ser anterior a 2023.

As curtametraxes enviadas non poderán ter sido seleccionadas nin presentadas en edicións anteriores do OUFF en Curto. En caso de telo sido, non se aceptará a súa participación nesta edición.

As obras participantes non poderán exceder dos 30 minutos de duración e a temática será libre, estando admitidos todo tipo de xéneros e modalidades de creación, agás o spot publicitario e o videoclip.

Os materiais presentados deben estar en lingua galega ou en castelán. En caso de seren nun idioma diferente a estes, deben estar subtitulados a unha destas dúas linguas.


2.- BENEFICIARIOS/AS:

A participación está aberta a todos os autores ou autoras que se axusten aos requisitos recollidos no apartado anterior.


3.- CATEGORÍAS, CRÉDITO, ORZAMENTARIOS E PREMIOS:

O importe total asignado a esta finalidade está incluído no orzamento xeral do Ourense Film Festival (OUFF 2024).

As obras a concurso poderán competir en dúas categorías: ficción ou documental. No caso de que a organización considere que non se acada un número mínimo de obras para conformar as dúas categorías, formarase unha categoría única. Para os efectos de programación e proxección, as obras participantes poderán ser aglutinadas nos bloques que considere a organización.

Establécense dous premios elixidos polo xurado profesional coa contía de 2500 € para a obra gañadora na categoría de ficción, e 2500€ a obra gañadora na categoría de documental. No caso de existir unha única categoría, entregarase un primeiro premio de 3000€ e un segundo premio de 2000€.

Establécese a maiores un “Premio do Público”, dotado con 500 €, que poderá ser compatible cos dous premios anteriores, se así resultara.

Otorgaranse dous premios AISGE, a mellor actor e actriz, sen dotación económica.

O xurado poderá decidir tamén outorgar unha ou varias mencións especiais en caso de que o consideren oportuno (non contarán con dotación económica).

Os gañadores ou gañadoras recibirán igualmente unha figura conmemorativa ou diploma do certame.

Aos premios aplicaráselles as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.


4.- OBRIGAS DOS/AS PARTICIPANTES:

As persoas participantes deberán acreditar a posesión das obras que presentan. O cumprimento deste punto será responsabilidade total da persoa participante, non do festival, e poderá supoñer a exclusión da súa obra, de observarse incumprimento.

As persoas participantes autorizan ao festival a empregar fragmentos das obras seleccionadas, ou outros materiais promocionais achegados con estas, co fin da súa promoción, tanto na internet como noutros medios audiovisuais ou escritos, desta ou de vindeiras edicións.

Os representantes legais das obras comprométense a non facer pública a selección oficial, así como a selección dos premiados, ata que o faga o propio festival. O incumprimento desde punto poderá ser motivo de exclusión da competición. No caso de suceder, a obra excluída relevarase pola primeira obra que figure na reserva da preselección interna.

Os datos de carácter persoal das persoas participantes incorporaraáselles ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense, e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e coa Lei orgánica 3/2018, de protección de datos de carácter persoal e de garantía dos dereitos dixitais. A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, se é o caso, tras o previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto nestas bases e/ou na citada lexislación. As persoas cuxos datos persoais sexan tratados por esta Administración poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a DPO@depourense.es. Así mesmo, tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.


5.- PRAZO E PRESENTACIÓN DE INSCRICIÓNS E DOCUMENTACIÓN:

Para participar será imprescindible cubrir o formulario de inscrición na plataforma FESTHOME. Salvo petición expresa do festival non se aceptarán as obras que non se presenten por dito medio.

O prazo de presentación será dende o día da publicación destas bases no BOP ata o 20 de Agosto de 2024, ás 23.59 h.

As obras deben enviarse preferentemente en formato “.mp4” ou “.mov” (codec H264), cunha resolución mínima de 1280×720 píxeles. En caso de necesidade técnica, poderanse transcodificar ou solicitar as obras seleccionadas en formato diferente a efectos da súa proxección.

Os participantes deben achegar a seguinte documentación ao rexistrarse:

A curtametraxe participante ou unha ligazón para descargala.

Ficha técnica, sinopse e información da curta.

Material gráfico e promocional (cartel, fotogramas da obra, etc.).

Unha fotografía e a filmografía do autor ou autora.

No caso de que a obra resulte gañadora nunha das categorías a concurso, o festival poderá solicitar a seguinte documentación:

Solicitude de inscrición e declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Certificación bancaria do número de conta do autor ou autora.

A organización do OUFF 2024 xestionará de oficio a comprobación de estar ao corrente das obrigas fiscais coa Administración Local.

En caso de dúbidas nalgún dos puntos anteriores, estas poden ser atendidas no correo electrónico ouffencurto@gmail.com.


6. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.

Os audiovisuais presentados someteranse a unha preselección a criterio do comité de selección. Só chegarán a proxectarse e optarán ao premio as pezas escollidas polo dito comité.

A persoa de contacto das curtametraxes seleccionadas será notificada da selección por parte da organización a través dalgunha das vías de contacto que facilitou no formulario de inscrición.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano de instrución comprobará a corrección da documentación administrativa achegada, e remitiralle ao xurado as curtametraxes seleccionadas cuxa documentación estea correcta e fora presentada en prazo, para a súa valoración e posterior emisión da correspondente acta.

7. XURADO

O xurado estará composto por profesionais no mundo académico e/ou no sector audiovisual, e poderá incluír tamén novos valores do dito sector. Unha das persoas integrantes do xurado actuará de presidente ou presidenta.

As decisións do xurado faranse públicas unha vez finalizadas as votacións e serán inapelables.

O premio do público será outorgado polas persoas asistentes ás proxeccións -tanto presenciais como dixitais- das curtametraxes, que puntuarán de 1 a 5 as obras a concurso, resultando gañadoras deste as que máis puntos sumen unha vez feito o reconto de votos. En caso de empate, a decisión final será do presidente ou da presidenta do xurado profesional.


8. PROXECCIÓN DAS CURTAMETRAXES

As curtametraxes seleccionadas serán proxectadas nunha ou varias sesións durante a celebración do OUFF 2024, e poderán facelo tanto de forma presencial coma online. As que resulten premiadas poderán ser proxectadas posteriormente, na gala de clausura ou nunha gala propia, podendo dispor o OUFF 2024 do seu uso posterior para actividades de difusión deste, no decurso do propio festival ou no ámbito da provincia de Ourense.

9. RESPONSABILIDADE DE DANOS

O OUFF 2024 non se fai responsable dos danos morais ou materiais que, a si mesmos ou a terceiros, ocasionen os participantes.

10. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación neste concurso leva implícita a aceptación destas bases. A interpretación destas será competencia da organización.
Contra este acordo pódese interpor, potestativamente, un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno desta Deputación, no prazo de 1 mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo, no prazo de 2 meses, sen que se poidan compaxinar ambos recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso que estime procedente.

  

 
  

Discover great films & festivals, one click away

Register
Login